O número 2 da candidatura do BNG a Europa reúnese coa Confraría de Pescadores de Sada

ACoruñaXa
“Compartimos con eles a indignación polo trato que ten recibido o sector pesqueiro por parte das institucións de goberno da Unión Europea”, manifesta o candidato nacionalista.
Imaxe do encontro coa Confraría de Pescadores de Sada
29 May 2024

O número dous da candidatura do BNG ao Parlamento europeo, Bieito Lobeira, mantivo un encontro con Alberto Castro e Manuel Suárez, secretario da Confraría de Pescadores de Sada e xerente da Asociación de Armadores de Cerco de Galiza.

“Compartimos con eles a indignación polo trato que ten recibido o sector pesqueiro por parte das institucións de goberno da Unión Europea”, manifesta o candidato nacionalista.

“A consecuencia das políticas comunitarias, Galiza reduciu a súa frota máis que ningún outro país da UE. Non hai ningún caso parecido ao noso en canto a destrución de postos de traballo e perda de cotas de captura”, acrecenta.

Estamos basicamente perante un problema político, polo que se impón reforzar a voz galega en Bruxelas. “Diso van estas eleccións”, resalta. “É vital que exista unha voz galega que defensa o noso. É imprescindíbel darlle máis forza a esa voz galega”, dixo. “Se non defendemos nós o noso, ninguén o vai facer”, remarcou.

“Partillamos coa Confraría e coa Asociación de Armadores a convicción de o sector pesqueiro galego ter futuro se se apostar por el. Desde logo ese é o compromiso do BNG”, concluíu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17808485031128