O novo espazo de coworking 'A casa do Pescador' de Miño abre o luns as reservas

ACoruñaXa
As solicitudes para acceder a estes espazos deberán tramitarse a través da web do Concello de Miño
Imaxe do interior da 'Casa do Pescador' en Miño
1 Mar 2024
Este luns, 4 de marzo, abre en Miño o prazo de solicitudes para reservar os espazos de traballo do coworking da Casa do Pescador. Este espazo, rehabilitado recentemente polo Concello, dispón do equipamento necesario para impulsar as actividades de persoas autónomas ou novas empresas, así como de persoas individuais que necesiten as instalacións de forma puntual.
Deste xeito, o luns ábrese o prazo para acceder a estes espazos, que deberá solicitarse a través da web do Concello de Miño, onde atoparán as instrucións deste espazo e o impreso de solicitude necesario para a reserva, que se fará a través da Sede electrónica. Tamén poden solicitar máis información nos teléfonos 981 782 659 ou 981 784 405.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, indicou que “a Casa do Pescador ofrece un espazo idóneo e totalmente equipado para quen queira emprender, de xeito autónomo ou creando unha nova empresa e que supón a iniciativa de fomento do emprego máis potente impulsada polo concello nos últimos anos”.
Ademais, o edil aproveitou para indicir en que a remodelación da Casa do Pescador permitiu habilitar unha aula de formación totalmente acondicionada que complementa a aposta polo emprego. “De feito, xa estase a utilizar para un curso de Monitoraxe de tempo libre e para ou de Socorrismo”, apuntou.
0.13808679580688