O Museo Os Oleiros organiza un obradoiro de cunhas para o almorzo

ACoruñaXa
O obradoiro, que será de balde, estará impartido pola ceramista Isabel Gómez
Imaxe do Museo dos Oleiros en Oleiros
30 Maio 2024

O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear a súa propia cunca de almorzo os días 8 e 15 de xuño.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 12 anos, na cada participante creará a súa propia cunca para o almorzo, a decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son: ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico; familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro; e, dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

O obradoiro será impartido pola ceramista Isabel Gómez. Ademais participar nel é de balde e realizarase en 2 xornadas e dúas quendas os días 8 e 15 de xuño na Sala Multiusos do Centro Cultural As Torres. As inscricións realizaranse a través dos formularios web habilitados: 1ª quenda (de 11.30 a 13.30 h), no seguinte enlace e, 2ª quenda (de 17.30 a 19.30 h) neste enlace.

Tamén se poderá facer de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou no teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.

 

cunca almorzo oleiros
0.21791505813599