O Museo Os Oleiros oferta un curso gratuíto para crear un set de sushi con barro

ACoruñaXa
A actividade está dirixida a mocidade entre 14 e 30 anos empadroados no municipio de Oleiros
Imaxe do Museo dos Oleiros en Oleiros
15 Jun 2024

O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear o seu propio set de sushi os días 6,13 e 20 de xullo.

A actividade está dirixida a mocidade entre 14 e 30 anos empadroados no Concello de Oleiros e nela cada participante creará o seu propio set de sushi, o decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son: ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico; familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro; e, dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

Participar nela será de balde e as inscricións poderán realizarse entre o 13 e o 27 de xuño. O día 28 farase o sorteo das prazas e notificarase a todas as persoas que fixeron a inscrición: 1ª quenda (de 10.30 a 12.00 horas) e 2ª quenda (de 12.30 a 14.00 horas)

Tamén se poderan facer de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou chamando ao teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.

⚙ Configurar cookies
0.062541007995605