O Museo Os Oleiros acollerá un novo obradoiro de Bakú
O Concello organiza un novo obradoiro de rakú “obvara” impartido polo ceramista Nano Unzueta no Museo Os Oleiros e que terá lugar os días 9 e 16 de novembro.
O rakú é o nome que reciben tanto a técnica como un tipo de olería de orixe xaponés que ten como resultado pezas esmaltadas nas que se conseguen efectos cromáticos inesperados na superficie das pezas.
Neste novo obradoiro, o ceramista Nano Unzueta, propón a realización dunha versión diferente de rakú cun procedemento decorativo sorprendente no que non se empregan esmaltes pero que acadan resultados decorativos igualmente interesantes.
As persoas participantes nesta actividade confeccionarán unha peza de cero e a decorarán xogando coas posibilidades decorativas desta singular técnica de traball
A actividade está deseñada para público xeral mais terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros e desenvolverase na Escola Municipal de Olería no Centro Cultural As Torres.