O Museo de Belas Artes da Coruña conmemora o Día Internacional dos Museos cunha obra de teatro

ACoruñaXa
Inclúense visitas guiadas, obradoiros para a cativada, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e propostas musicais vinculadas coas exposicións que se programan
Imaxe do Museo de Belas Artes da Coruña
Imaxe do Museo de Belas Artes da Coruña
13 Maio 2024

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o sábado 18 de maio.

O Consello Internacional de Museos propón para celebralo o lema Museos pola educación e a investigación ao que a programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude se suma con visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos.

Malia que haberá actividades ao longo desta semana, o epicentro da programación desenvolveranse durante a fin de semana dos días 18 e 19 de maio. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego.

Na Coruña o museo escollido será o de Belas Artes no centro da cidade.

Museo de Belas Artes da Coruña

Na cidade da Coruña, o Museo de Belas Artes ofrecerá os días 15 e 16, ás 19.30 horas, a obra de teatro 'Cartas da muller ausente', de Lola Roel. O 18 de maio celebrarase a xornada de portas abertas ata ás 23,30 horas. Nese mesmo día, haberá dúas sesións, ás 12,00 e ás 17,30 horas, os obradoiros en familia Tecer recursos, que se centrarán na industrialización a través dos materiais e os obxectos reproducidos nos cadros.

Tamén o sábado, artellaranse dúas visitas guiadas, ás 12, 30 e 18,30 horas, á exposición 'A Torre de la Parada'. Un espazo pictórico para Rubéns. Finalmente, ás 21,30 horas, celebrarase un concerto con grupo de rock Mad Martin Trío.

0.17622900009155