O Morriña Fest volverá a facer vibrar A Coruña os días 25 e 26 de xullo de 2025

ACoruñaXa
Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a venda de abonos para un dos festivais máis importantes de Galicia
Morriña Fest 2025
21 Nov 2024

O Morriña Fest, un dos eventos musicais máis destacados de Galicia, celebrará a súa quinta edición os días 25 e 26 de xullo de 2025 na Coruña. Proximamente, a organización anunciará os primeiros artistas confirmados e a data de saída á venda dos abonos para o festival.

O evento, promovido polo Concello da Coruña, consolidouse como un dos máis esperados do ano na cidade. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, destacou que "o Morriña Fest atrae a moita xente e beneficia á cidade, polo que desde o Concello seguiremos colaborando coa súa organización".

Na última edición, máis de 40.000 persoas asistiron ao festival, celebrado no Porto da Coruña, que se converteu nun escenario habitual para concertos e actividades culturais no verán. Artistas como Rels B, Aitana, Duki, Crystal Fighters, Black Eyed Peas ou Nicky Jam fixeron parte do seu cartel nos últimos anos, situando o evento como un referente musical e un gran activo turístico e económico para a cidade.

0.19150280952454