O modelo urbanístico de Oleiros será protagonista no XI Congreso da Rede de Cidades que Camiñan

ACoruñaXa
A política urbanística do concello destacarase xunto con proxectos de Pamplona e Barcelona no evento estatal
Imaxe do paseo de Bastiagueiro en Oleiros
24 sep 2024

O modelo de urbanismo humanista de Oleiros será un dos principais temas a tratar no XI Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que se celebrará en Pamplona do 26 ao 28 de setembro. O concello galego, recoñecido polo seu enfoque na creación de espazos públicos sostibles e centrados nas persoas, compartirá protagonismo con outras destacadas iniciativas urbanísticas de cidades como Pamplona e Barcelona.

Durante o congreso, o concelleiro de Mobilidade, Comunicación e Novas Tecnoloxías de Oleiros, Pablo Cibeira, presentará a evolución de máis de 45 anos de políticas municipais que apostaron por grandes espazos de convivencia, priorizando o benestar das persoas, o medio ambiente e o espazo público no desenvolvemento urbano. Xunto a el, tamén participarán no evento figuras como Xavier Matilla, ex arquitecto xefe de Barcelona, e Borja Izaguirre, concelleiro de Pamplona.

A Rede de Cidades que Camiñan, á que pertence Oleiros desde hai varios anos, reúne concellos e deputacións comprometidas coa mellora do espazo público como lugar de encontro, camiñabilidade e socialización. A participación de Oleiros reafirma o seu compromiso coa mobilidade sostible, a accesibilidade universal e a seguridade viaria, aspectos clave para mellorar a calidade de vida urbana e fomentar a autonomía infantil nos espazos públicos.

0.19324398040771