O ministro José Luis Escrivá visita o centro CITIC da Universidade da Coruña

ACoruñaXa
O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, visitou este luns o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) impulsado pola Universidade da Coruña.
José Luis Escrivá Coruña UDC
22 Xan 2024

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, visitou este luns o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) impulsado pola Universidade da Coruña.

Durante a visita, Escrivá repasou distintos proxectos de innovación e investigación. Ademais, afirmou que o Ministerio e o centro comparte moitas metas comúns: “Temos os mesmos puntos de vista sobre as capacidades que se poden desenvolver para que a Intelixencia Artificial teña impacto sobre os cidadáns e axude a mellorar a vida da xente”.

O CITIC é un centro, no que o 40% das investigadoras son mulleres e que está dividido en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial (IA), Ciencia e Enxeñería de Datos, Computación de Altas Prestacións, Servizos e Redes Intelixentes e, por último, Ciberseguridade.

En canto a área de traballo en IA, o centro desenvolve proxectos de bioinformática, algoritmos verdes e inclusión, entre outras materias. O ministro Escrivá sinalou o papel que poden xogar as administracións para que estes centros de excelencia poidan “transferir coñecemento e investigación” e destacou tamén a importante colaboración do sector privado en todos estes traballos.

 

0.18630194664001