O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, visita o Mercado da Plaza de Lugo

ACoruñaXa
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas visitou esta mañá, xunto á alcaldesa, Inés Rey, o mercado municipal Eusebio da Guarda, na praza de Lugo.
Ministro-Planas-visita-el-mercado-de-Plaza-de-Lugo
20 Xan 2024

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas visitou esta mañá, xunto á alcaldesa, Inés Rey, o mercado municipal Eusebio da Guarda, na praza de Lugo. Durante a visita conversaron e compartiron impresións cos comerciantes do recinto.

No seu percorrido polo mercado, os dous socialistas resaltaron a importancia do comercio de proximidade á hora de vertebrar e sustentar a economía da Coruña, como resaltou Inés Rey, e coincidiron en destacar a calidade do produto local e o traballo que levan a cabo as e os praceiros dos mercados municipais, piares fundamentais en termos socioeconómicos para a cidade.

Ademais, a alcaldesa e o ministro fixeron fincapé no impacto da Lonxa da Coruña, unha instalación fundamental para o desenvolvemento da actividade económica do sector pesqueiro herculino. Dado que cómpre lembrar que a lonxa coruñesa é líder na descarga de peixe fresco: nos peiraos da cidade descárganse, cada ano, unhas 33.000 toneladas de peixe, cun valor de produto estimado en máis de 60 millóns de euros.

Neste sentido, tanto a Lonxa como diversas peixarías, restaurantes e distribuidores asociados ao sector pesqueiro coruñés contan co selo de orixe 'Peixe da Lonxa da Coruña', un distintivo que distingue aos peixes e mariscos que chegan ao porto da cidade.

0.17424201965332