O Mercado de Castro Laxe encherá Culleredo con máis de 20 vendedores este domingo

ACoruñaXa
A pista cuberta do parque de Tarreo acollerá 40 mesas de artesanía, decoración, roupa e artigos de segunda man
mercado castro laxe culleredo
9 Nov 2024

Este domingo, 10 de novembro, Culleredo converterase no epicentro de artesanía e artigos únicos coa celebración do Mercado de Castro Laxe. O evento, que terá lugar na pista cuberta do parque de Tarreo, en Castro de Vilaboa, contará coa participación de máis de 20 vendedores de toda a provincia, que expoñerán os seus produtos en 40 mesas repletas de artesanía, decoración, roupa e artigos tanto novos como de segunda man.

Organizado por Marujita Amor, veciña da zona, que tomou a iniciativa de dar continuidade ao mercado que outras entidades levaban a cabo en anos anteriores, o evento promete converterse nunha cita bianual. Desde as 11:00 ata as 19:00 horas, os asistentes poderán atopar unha ampla variedade de produtos, incluíndo pezas para o Nadal.

A organización espera recibir visitantes de Culleredo e doutros puntos da comarca coruñesa, aproveitando a presenza de vendedores de diversas partes da provincia.

 

0.19976401329041