O Mercado Artesanal de Nadal encherá a alameda de Ordes do 20 ao 24 de decembro

ACoruñaXa
Artesanía, creatividade e agasallos sostibles para celebrar o Nadal
mercado de nadal ordes
20 Dec 2024

Do 20 ao 24 de decembro, a alameda do Soldado Lois en Ordes converterase no centro da artesanía e a creatividade grazas ao tradicional Mercado Artesanal de Nadal.

O Concello de Ordes organiza un ano máis este evento, que se celebrará baixo unha gran carpa aberta ao público de 10:30 a 21:00 horas, agás o día de Noiteboa, que rematará ás 14:00 h. Este mercado ofrecerá unha ampla variedade de produtos realizados de forma artesanal, como roupa de la, abelorios, bonecas, xogos, doces, cestos de vimbio e decoración para o fogar.

O evento non só busca facilitar as compras de agasallos únicos e sostibles, senón tamén apoiar a artesanía local e galega. Ademais, enmárcase dentro dun programa máis amplo de actividades lúdicas, culturais e didácticas destinadas a familias para estas festas.

⚙ Configurar cookies
0.23900103569031