O Magosto chega a Bergondo cunha xornada popular para toda a veciñanza

ACoruñaXa
Música, xogos, castañas e tradición na pista de San Cidre este sábado 1 de novembro
BERGONDO magosto
1 Oct 2025

O Concello de Bergondo celebrará este sábado, 1 de novembro, o Magosto cun programa pensado para toda a familia, que mestura lecer, música en directo e costumes do outono. A cita será na pista de San Cidre, ao carón da Casa da Cultura, e abrirase ás 17.00 horas cunha festa infantil, na que as máis pequenas e pequenos compartirán xogos e sorpresas para iniciar a tarde festiva.

A degustación do produto estrela chegará ás 19.00 horas, cando comece o reparto de castañas asadas. Media hora despois, ás 19.30 horas, arrancará un dos momentos máis esperados: o Túnel do Terror, seguido da actuación musical de El Corta, que porá ritmo á noite.

Como manda a tradición, a calor do caldo galego sumarase á festa a partir das 22.00 horas, completando a oferta gastronómica. O broche final poñerao unha foliada con grupos da comarca e doutros concellos próximos, que converterá a pista nun gran baile popular para celebrar a cultura e as tradicións galegas.

⚙ Configurar cookies
0.070436000823975