O litoral da Coruña estará en aviso amarelo por vento durante a fin de semana

GaliciaXa | ACoruñaXa | FerrolXa
Agárdanse ceos máis cubertos nas provincias de Lugo e Ourense, onde poderán rexistrarse precipitacións puntualmente tormentosas
vento-mar
16 Oct 2026

O litoral da provincia da Coruña permanecerá en aviso amarelo por vento durante esta fin de semana, con refachos que poderán superar os 80 quilómetros por hora.

Segundo a información de MeteoGalicia, o aviso por vento no mar activarase ás 00.00 horas deste sábado e manterase vixente durante toda a fin de semana.

No resto de Galicia, a xornada do sábado estará marcada por unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. O paso da fronte cara ao leste e a presenza de ventos do nordés, que soprarán con intensidade, condicionarán a evolución do tempo.

Agárdanse ceos máis cubertos nas provincias de Lugo e Ourense, onde poderán rexistrarse precipitacións puntualmente tormentosas. Pola contra, no litoral atlántico predominarán os claros e os ceos estarán máis despexados.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas baixarán de xeito moderado a notable. O vento soprará do nordés con intensidade moderada, agás na costa, onde se prevén as condicións máis adversas.

0.16467189788818