O Leyma cumpre e deixa o ascenso directo en mans do Obradoiro

ACoruñaXa
O equipo coruñés pechou a liga regular cun triunfo por 76-94 e agardará agora polo resultado do Obradoiro ante o Gipuzkoa
A CORUÑA derbi obradoiro leyma
4 May 2026

O Leyma Coruña cumpriu en Palma e mantén vivo o soño do ascenso directo á Liga Endesa. O conxunto coruñés impúxose por 76-94 ao Fibwi Mallorca Bàsquet Palma nun encontro no que soubo reaccionar nos momentos de maior dificultade para sumar unha vitoria imprescindible na súa carreira pola primeira praza.

Co triunfo, o Leyma pecha a fase regular con 28 vitorias e 4 derrotas, situado provisionalmente no liderado da Primera FEB. Con todo, o equipo de Carles Marco xa non xogará na última xornada, polo que o desenlace queda agora en mans do Monbus Obradoiro.

O conxunto compostelán recibirá o venres 8 de maio ao Inveready Gipuzkoa ás 21.00 horas en Sar. Se gaña, ascenderá directamente á ACB grazas ao seu mellor average particular. Se perde, o premio será para o Leyma Coruña, que agardará sen competir a resolución dunha loita que mantén en vilo ao baloncesto galego.

A última xornada decidirá así quen acompaña a súa gran tempada cun billete directo á elite. O Leyma xa fixo os deberes; agora todo queda pendente dunha noite decisiva en Santiago.

0.12140297889709