O judoka Fabián Fernández, do Judo Club Culleredo, bronce na Súper Copa Cadete de judo en Avilés

ACoruñaXa
O mozo cullerdense consolídase na clasificación nacional tras a súa destacada participación na competición, onde tamén brillaron os seus compañeiros de club
Imaxe do judoka Fabián Fernández
30 Out 2024

O judoka cullerdense Fabián Fernández conseguiu a pasada fin de semana a medalla de bronce na Súper Copa Cadete de judo celebrada en Avilés, na categoría de menos de 81 quilos. O mozo deportista do Judo Club Culleredo alcanzou o terceiro posto despois dunha gran actuación, só freada en semifinais polo galego Nicolás Freire, quen finalmente se coroou campión da categoría. Con este resultado, Fernández colócase como segundo na clasificación nacional da súa categoría.

A competición, que reuniu a máis de 600 participantes, contou tamén coa participación doutros judokas do Judo Club Culleredo: Leandro Fernández, na categoría de menos de 66 quilos, quen tivo unha actuación destacada a pesar de caer nos últimos segundos do seu primeiro combate; e Candela Vila, en menos de 57 quilos, quen logrou gañar nos seus dúas primeiras roldas, aínda que foi derrotada no terceiro enfrontamento.

Cristina Pardo, primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes de Culleredo, felicitou en nome do Concello ao equipo polo seu esforzo e dedicación. “É un orgullo ver aos nosos deportistas destacar nunha competición de tanto nivel, e especialmente a Fabián Fernández por este novo éxito que enorgullece a todo Culleredo”, sinalou a edil.

0.18146896362305