O IX Trofeo Concello de Ordes reunirá a tres equipos locais o 22 de agosto

ACoruñaXa
O campo de Vista Alegre acollerá un triangular entre a S.D.C. Órdenes, a S.D. Santa Cruz de Montaos e a A.D. Vila de Ordes
ORDES campo futbol Vista Alegre
26 Jul 2026

O Complexo Deportivo de Vista Alegre será o escenario o vindeiro 22 de agosto da novena edición do Trofeo Concello de Ordes, unha cita estival que volverá reunir a tres dos principais equipos de fútbol do municipio.

Nesta edición participarán a S.D.C. Órdenes, a S.D. Santa Cruz de Montaos e a A.D. Vila de Ordes, que disputarán un torneo en formato triangular sobre o céspede natural de Vista Alegre.

A competición desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas, cun total de tres encontros de 45 minutos de duración cada un, separados por un descanso de 15 minutos.

O Trofeo Concello de Ordes converteuse nunha das citas deportivas do verán no municipio e servirá unha vez máis como preparación para os equipos locais antes do inicio da nova tempada.

0.11918592453003