O IX Open Náutico Esfuerza reuniu 58 deportistas na súa segunda xornada na Coruña

GaliciaXa | ACoruñaXa
Na xornada tomaron parte 16 regatistas na modalidade de vela individual e 42 palistas nas probas de piragüismo
open-nautico-esfuerza
14 Jun 2026

O IX Open Náutico Esfuerza viviu este sábado a súa segunda xornada de competición cun total de 58 deportistas con discapacidade participantes entre as modalidades de vela e piragüismo.

Na xornada tomaron parte 16 regatistas na modalidade de vela individual e 42 palistas nas probas de piragüismo. As condicións meteorolóxicas, especialmente o forte calor e a ausencia de vento nas primeiras horas do día, condicionaron o desenvolvemento da actividade, obrigando a aprazar as regatas de vela ata a tarde.

Foi nese momento cando se rexistrou un vento do noroeste con intensidades entre 12 e 15 nós e refachos que acadaron os 17, o que permitiu a celebración de mangas máis disputadas.

A xornada serviu tamén para definir os finalistas do K1 e da vela individual, que completarán a competición na última sesión do torneo.

De cara a este domingo, está previsto o inicio das probas de K2 mixto en piragüismo por parellas, ademais das finais das catro disciplinas incluídas nesta novena edición: vela individual, vela con acompañante, K1 e K2 mixto.

0.12540888786316