O IV Urban Trail Polígono de Bergondo colaborará co Banco de Alimentos Rías Altas

ACoruñaXa
A carreira solidaria celebrarase o 28 de setembro e as inscricións xa están abertas
Imaxe do cartel do Urban Trail de Bergondo
21 Ago 2024

O IV Urban Trail Solidario Polígono de Bergondo terá lugar o próximo sábado, 28 de setembro, concentrando no polígono industrial bergondés a centos de deportistas dispostos a colaborar cunha boa causa. Organizado polo Concello e a Comunidade de Propietarios do Polígono, este evento destinará o 100% do recadado ao Banco de Alimentos Rías Altas.

A proba, que conta coa colaboración do Club Atlético Bergondo e da Federación Galega de Atletismo, ofrece varias modalidades para participar: carreira de 6 km, 1 km, 500 metros e 100 metros, así como andaina de 6 km. Os participantes tamén terán a oportunidade de aportar un quilo de alimentos antes de comezar a carreira.

As inscricións xa están abertas na seguinte páxina web e o prazo para anotarse permanecerá aberto até o mércores 25 de setembro.

Para máis información, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a administracion@poligonodebergondo.com ou chamar ao teléfono 981 795 422.

CARTEL IV URBAN
0.17977809906006