O Horse Show de Paco Marcos será a gran novidade do 25 aniversario da Festa do Cabalo de Teixeiro

ACoruñaXa
O espectáculo ecuestre 'La leyenda del Pájaro Azul' incorporase ao programa dunha edición especial que se celebrará o 2 de agosto con concursos, campionatos e exhibicións
CURTIS paco martos horse show
6 Jul 2026

A Festa do Cabalo de Teixeiro celebrará o vindeiro 2 de agosto a súa edición máis especial ao cumprir 25 anos de historia. Para conmemorar este aniversario, a organización incorpora unha das principais novidades do programa: o espectáculo Horse Show de Paco Marcos, unha proposta ecuestre que leva por título 'La leyenda del Pájaro Azul. La historia de un rey nórdico que recorrió el mundo en busca de la felicidad'.

O evento desenvolverase no estacionamento do polígono industrial de Teixeiro baixo a organización do Concello de Curtis, coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e a Federación Hípica Galega.

O programa volverá reunir algunhas das citas máis destacadas do calendario ecuestre galego. Haberá concurso morfolóxico e probas de andadura, tanto para participantes non federados como para os inscritos no Campionato Galego. Ademais, a xornada acollerá tamén o Campionato Galego de Enganches, ao que se sumará a exhibición ecuestre de Paco Marcos como un dos momentos máis esperados da celebración.

Despois de vintecinco edicións, a Festa do Cabalo de Teixeiro consolidouse como unha das referencias do calendario ecuestre da comarca e da provincia. O Concello de Curtis destaca que esta cita serve para promover a conservación das tradicións vencelladas ao mundo rural e para poñer en valor a cultura da cría e do coidado do cabalo, ao tempo que atrae cada ano a numerosos afeccionados e visitantes.

0.12136197090149