O grupo Septeto Naborí actuará do domingo 14 de xullo na Fábrica de Perillo

ACoruñaXa
Composto de 8 músicos cubanos de Santiago de Cuba, o Septeto Naborí é un dos grupos de Música Tradicional Cubana máis dinámico e importantes dos últimos 25 anos
Imaxe do grupo Septeto Naborí
Imaxe do grupo Septeto Naborí
8 Xul 2024

O vindeiro domingo 14 de xullo o Septeto Naborí ofrecerá un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo (Oleiros), ás 20.30 horas.

O acceso ao vento será libre e gratuíto. Composto de 8 músicos cubanos de Santiago de Cuba, o Septeto Naborí é un dos grupos de Música Tradicional Cubana máis dinámico e importantes dos últimos 25 anos.

Nos seus 30 anos de historia realizaron un sen número de xiras e concertos en Europa. Participaron nos Festivais Internacionais de World Music en Europa como: Bals das Rosas (Principado de Mónaco), Festival de Jazz de Montreaux (Suissa); Festival de Jazz de Maontauban (Francia), Festival de Jazz da Colle sur Loup (Francia), Latin Dance Festival de Groningen (Holanda) Melkweg (Ámsterdam), Festival Latinoamericando (Milán), Teatro Brancaccio (Roma), Festival Festa (Roma), Antillanseen Festen (Bélxica), Festival Tempo Latino (Francia), Sala Paradiso (Ámsterdan),Bayerischer Hof (Múnic), entre outros.

 

0.17664408683777