O grupo El Consorcio traerá ao Teatro Colón os seus grandes éxitos este domingo

ACoruñaXa
O grupo histórico, formado polos irmáns Uranga e Carlos Zubiaga, actuará o domingo 12 de xaneiro
Imaxe do Teatro Colón da Coruña
6 Jan 2025

O Teatro Colón será o escenario dun concerto especial de El Consorcio, a mítica formación musical integrada polos irmáns Amaya, Estíbaliz e Iñaki Uranga, xunto a Carlos Zubiaga. A actuación terá lugar o vindeiro domingo 12 de xaneiro ás 19.00 horas, como parte da programación cultural impulsada polo Concello da Coruña para este inicio de ano.

O concerto será unha oportunidade única para rememorar grandes éxitos como ‘Eres tú’, a icónica canción composta por Juan Carlos Calderón que levou a Mocedades ao segundo posto en Eurovisión 1973. Ademais, os artistas repasarán outros temas inesquecibles da súa longa carreira, que inclúe máis de cinco décadas de traxectoria musical e un Grammy Latino en 2016.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, animou á cidadanía a asistir a este evento especial. As entradas están dispoñibles a través da páxina web de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense ou no propio Teatro Colón, desde dúas horas antes do inicio do concerto, sempre que queden localidades dispoñibles.

0.1602828502655