O Grupo de Instrumentos Tradicionais da Sementeira de Cambre presenta este sábado o seu primeiro disco

ACoruñaXa
A Escola de Música acollerá a visualización dun videoclip e unha actuación en directo
sementeira cambre
20 Dec 2024

O Grupo de Instrumentos Tradicionais da Sementeira de Cambre dará a coñecer este sábado, 21 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Escola de Música Sementeira, o seu primeiro traballo discográfico. A gravación, realizada na propia escola durante os meses de abril e xuño deste ano, representa un importante fito para a agrupación.

No evento, detallarase o proceso de produción do disco, desde a selección do repertorio ata o deseño final. Ademais, os asistentes poderán visualizar o videoclip que acompaña este proxecto musical.

O acto contará coa participación da alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, e da deputada provincial, Avia Veira González. Tras as intervencións institucionais, o grupo interpretará en directo varias pezas incluídas no disco, ofrecendo un pequeno adianto do seu traballo.

⚙ Configurar cookies
0.20541381835938