O Goberno local de Oleiros analizará posibles incumprimentos no contrato de transporte por prevaricación

ACoruñaXa
O pleno municipal aprobará unha moción para esixir a restitución inmediata de todas as liñas suprimidas en Oleiros
Imaxe dos autobuses da Xunta
30 Xul 2024

O pleno municipal de Oleiros aprobará esta tarde unha moción presentada polo Goberno de Alternativa dos Veciños para analizar os posibles incumprimentos no contrato de transporte e considerar accións legais por prevaricación. Esta decisión responde á recente eliminación de 46 servizos de autobús por parte da Xunta de Galicia, que será revisada polos servizos xurídicos do Concello.

A Xunta de Galicia, segundo o Goberno municipal, mostrou unha "incompetencia total e unha indignante lentitude" na resolución da crise creada pola supresión destes servizos. A pesar das reiteradas peticións para a recuperación completa dos autobuses e a reorganización dos horarios, a Xunta decidiu manter os recortes e continuar co "reaxuste" do servizo, deixando a cidadanía de Oleiros sen as conexións necesarias.

O Goberno local critica que, mentres os responsables políticos promoven a mobilidade sostible e o transporte público, as súas accións van en contra destas promesas. A situación empeorou coa eliminación de conexións importantes e a paralización da vía Ártabra coa AP-9, o que afecta gravemente a circulación en Oleiros.

A moción presentada pola Alternativa dos Veciños exixe á Xunta de Galicia a restauración inmediata de todos os servizos de transporte eliminados e a mellora dos horarios e frecuencias, especialmente nas horas puntas. O Concello busca así reforzar o servizo de transporte público para atender as necesidades da poboación e mellorar a mobilidade no municipio.

0.18721008300781