O Goberno de Curtis propoñerá no pleno solicitar á Deputación a licitación urxente da ampliación e mellora da vía DP-3201

ACoruñaXa
A actuación é esencial para mellorar a seguridade e a circulación en tramo crítico de gran fluxo de tráfico e maquinaria agrícola
Imaxe da vía vía DP-3201 en Curtis
8 Ago 2024

O Goberno local de Curtis propón ao pleno da corporación municipal que se solicite á Deputación da Coruña a licitación do proxecto de ampliación e mellora da vía provincial DP-3201, que abarca desde o cruce coa AC-231 ata Santaia e a Carregosa.

A situación actual deste tramo da vía DP-3201 é realmente crítica, como demostran as fotografías adxuntas. A intervención require unha urxencia máxima debido á problemática que afecta á circulación. Este tramo soporta un alto volume de tráfico, incluíndo vehículos pesados e maquinaria agrícola procedente das explotacións e da cooperativa Cusoviame S.C.G., que conta con máis de 500 socios, ademais dos veciños e usuarios da zona.

É imprescindible que a Deputación da Coruña leve a cabo esta actuación con a maior brevidade posible, considerando o estado deficiente da vía, o ancho insuficiente que impide a circulación segura de dous vehículos pesados simultaneamente e o risco diario que supón para todos os usuarios.

0.12651300430298