O futbolista do Real Madrid Lucas Vázquez terá unha rúa co seu nome na súa vila natal en Curtis

ACoruñaXa
O Concello recoñece a traxectoria deportiva e o compromiso do xogador, que levou o nome de Curtis ao máis alto do fútbol internacional
Rúa Lucas Vázquez en Curtis
20 Dec 2024

Lucas Vázquez Iglesias, futbolista do Real Madrid e nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, será homenaxeado polo seu municipio natal cunha rúa que levará o seu nome. O pleno do Concello de Curtis aprobou hoxe por unanimidade a proposta de Alcaldía para denominar unha das novas vías como "Rúa Lucas Vázquez".

A rúa, situada perpendicular á Rúa Otero Pedrayo, forma parte dunha área urbanizada recentemente segundo o PXOM. A iniciativa busca recoñecer a brillante carreira do futbolista, que deu os seus primeiros pasos no deporte nas escolas municipais e no C.C.D. Curtis antes de converterse nun referente no fútbol internacional.

Recoñecemento a unha carreira excepcional

Lucas Vázquez conta cun destacado palmarés no Real Madrid, que inclúe:

  • Títulos internacionais: 5 UEFA Champions League, 4 Mundiais de Clubes da FIFA, 4 Supercopas de Europa e 1 Copa Intercontinental.
  • Títulos nacionais: 4 Ligas de España, 4 Supercopas de España e 1 Copa do Rei.

En 2016, o Concello xa recoñecera o xogador como embaixador de Curtis, outorgándolle a súa máxima distinción honorífica. Agora, esta nova homenaxe vén reforzar o vínculo entre o deportista e a súa vila natal, destacando o seu papel como exemplo de superación e orgullo para a comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.073174953460693