O Festival Viñetas desde o Atlántico conclúe cunha fin de semana chea de actividades culturais

ACoruñaXa
Un fin de semana repleto de actividades para todas as idades en Viñetas 2024, con visitas guiadas, sinaturas de autores, obradoiros creativos, concertos, e moito máis nas principais localizacións da Coruña
Imaxe dende Viñetas desde Atlántico
17 Ago 2024

A 27ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico pechará esta fin de semana cunha programación cargada de actividades, incluíndo firmas de autores, visitas guiadas ás exposicións dos Premios Castelao de Banda Deseñada, e o día grande do Festival de Autoedición Autobán.

O sábado 17 de agosto, ás 10.00 horas, comezarán as actividades cunha visita guiada na Sala Salvador de Madariaga ás mostras dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023. Nesta ocasión, Paula Mayor presentará a súa obra "Rosalía Oculta", mentres que Cristian F. Caruncho amosará o seu traballo "O día de San Martiño". Ambas exposicións, que estarán abertas ao público ata o 30 de setembro, permitirán aos asistentes coñecer de preto o proceso creativo destas obras galardoadas.

A praza de San Andrés será o epicentro do Festival de Autoedición Autobán, con actividades que se estenderán desde as 12.00 ata as 21.00 horas. O público poderá gozar dun mercado de fanzines, obradoiros para todas as idades e un concerto a cargo de Conxita Herrero e Corazón. A xornada rematará cun Festón Post Autobán no Bar 13 ás 23.30 horas.

Paralelamente, a Rúa da BD estará aberta o sábado e o domingo en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, ofrecendo unha ampla selección de novidades e clásicos do mundo da banda deseñada. Durante toda a fin de semana, terán lugar presentacións de libros, faladoiros e máis de medio centenar de sinaturas de autores como Emma Ríos e Iván Sarnago.

O domingo 18 de agosto, ás 12.00 horas, o Palco da Música nos Xardíns de Méndez Núñez acollerá un concerto infantil a cargo de Chuches A Mil, mentres que o Circo de Artesáns será o escenario dun encontro profesional de editores e libreiros especializados.

Programa

Sábado, 17 de agosto - Programa oficial Viñetas 2024

10.00 horas - Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga: Visita guiada á exposición dos Premios Castelao de BD con Paula Mayor e Cristian F. Caruncho.

12.00 horas - Kiosco Alfonso: Sinatura de exemplares con Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy.

21.30 horas - Circo de Artesáns: Encontro sectorial.


Autobán - Festival de Autoedición (Praza de San Andrés)

12.00 - 21.00 horas - Mercado de fanzines.

12.30 horas - Obradoiro "Creando personaxes máxicos!" con Paula Cheshire.

14.30 horas - Concerto de Conxita Herrero e Corazón.

17.30 horas - Obradoiro "Fai a túa Fake Riso" con Pilar Marcó.

23.30 horas - Festón Post Autobán no Bar 13.


Rúa da BD: Actividades

11.00 - 14.00 horas e 17.00 - 21.00 horas

  • Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’.
  • Xogo "Canto sabes de cómic?" e préstamo de exemplares no stand das Bibliotecas Municipais da Coruña.

11.00 horas - Kiosco Alfonso: Faladoiro "Recuncho Gamer" sobre videoxogos (Alita Cómics).

13.30 horas - Kiosco Alfonso: Presentación de "Maia e a troita perlada" con Lucía Cid (Demo Editorial).

17.00 horas - Kiosco Alfonso: Sesión de videoxogos a cargo de Alita Cómics.

19.00 horas - Kiosco Alfonso: Obradoiro "Elixe (ou non) a túa propia aventura" con Diego Burdío (GP Ediciones).


Rúa da BD: Sinaturas

11.00 - 14.00 horas e 17.00 - 21.00 horas

  • Doc Pastor (Unrated Cómics) e Juanfer Briones (GP Ediciones).

11.00 horas - Emma Ríos (Astiberri Ediciones) e Iván Sarnago (Unrated Comics).

12.00 horas - Sinaturas de César Verdúguez (Cartem), David Braña (Unrated Comics), Iria Aldegunde (Alita Cómics), Iván Gil (Metrópolis Cómics), Jordi Bayarri (Anillo de Sirio), José Ángel Ares (A Gata Tola), Manuel Veiga (Cósmica Editorial) e Weronika Hańczyc (Cascaborra Ediciones).

12.30 horas - David Graña e Pablo Prado ‘Fuco’ (Libraría Paz), e Martín Romero (Astiberri Ediciones).

13.00 horas - Emma Ríos (Alita Cómics) e María Jiménez (Fandogamia Editorial).

17.00 horas - Sinaturas de Álvaro Ortiz (Astiberri Ediciones), Diego Burdío (GP Ediciones), Pablo Prado ‘Fuco’ (Cósmica Editorial), Paula Cheshire (Fandogamia Editorial) e Paula Esteban (GP Ediciones).

18.00 horas - Alicia Jaraba (Nuevo Nueve), Andrés Garrido (Cartem), David Braña (Unrated Comics), Elena Andrés (Libraría Paz), Iván Gil (Metrópolis Cómics), Lucía Cid (Demo Editorial), María Jiménez (Fandogamia Editorial), Víctor L. Pinel (Nuevo Nueve) e Weronika Hańczyc (Cascaborra Ediciones).

18.30 horas - Abel Álvarez e Manuel Veiga (Cósmica Editorial).

19.00 horas - David Braña (Grafito Editorial), David Rubín (Astiberri Ediciones), Fran Jaraba (Alita Cómics), Iván Sarnago (Unrated Comics), Jordi Bayarri (Anillo de Sirio), Lorena Varea (Dolmen Editorial), Kundo Krunch e Manuel L. Poy (Demo Editorial).

20.00 horas - Alicia Martín Santos (Alita Cómics) e Lucas Varela (Ediciones La Cúpula).


Domingo, 18 de agosto - Programa oficial Viñetas 2024

12.00 horas - Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez: Concerto infantil de Chuches Amil.

14.30 horas - Circo de Artesáns: Encontro profesional de editores e libreiros especializados.


Rúa da BD: Actividades

11.00 - 14.00 horas e 17.00 - 21.00 horas

  • Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’.
  • Xogo "Canto sabes de cómic?" e préstamo de exemplares no stand das Bibliotecas Municipais da Coruña.

17.00 horas - Kiosco Alfonso: Faladoiro "A nova revolución sexual: Percorrido do BL e o yuri en España" con Alberto Carceller (Eldritch Gate).

18.00 horas - Kiosco Alfonso: Xogos "Manga máis aló das páxinas" (Astora Cómics e Eldritch Gate).


Rúa da BD: Sinaturas

11.00 - 14.00 horas e 17.00 - 21.00 horas

  • Doc Pastor (Unrated Cómics) e Juanfer Briones (GP Ediciones).

11.00 horas - Diego Burdío e Paula Esteban (GP Ediciones).

12.00 horas - Alicia Jaraba (Nuevo Nueve), Bea Gregores (Metrópolis Cómics), César Verdúguez (Cartem), Jordi Bayarri (Anillo de Sirio) e Víctor L. Pinel (Nuevo Nueve).

13.00 horas - Xulia Pisón (Alita Cómics).

18.00 horas - Alex Martos (AGPI) e Manel Cráneo (Demo Editorial).

19.00 horas - Jordi Bayarri (Anillo de Sirio).

0.060308933258057