O Festival Noites do Porto pecha hoxe a súa cuarta edición co estreo en Galicia do documental 'Blur: To The End'
Noites do Porto poñerá o broche de ouro á súa cuarta edición este xoves 24 de outubro co estreo en Galicia do documental Blur: To The End, dirixido por Toby L. A proxección, organizada en colaboración con Cormorán Cinema, levarase a cabo ás 20:15 en Cantones Cines da Coruña. As entradas para a première xa están dispoñibles na web oficial dos cines.
O documental narra o regreso en 2023 da icónica banda británica Blur, liderada por Damon Albarn, tras oito anos de separación. A cinta segue ao grupo mentres enfróntase a dous grandes desafíos: a gravación do seu novo álbum The Ballad of Darren e a súa actuación no estadio de Wembley.
Como colofón á xornada, celebrarase unha afterparty oficial a partir das 22:00 horas no club Don Giorgio, onde se poderá disfrutar dunha noite dedicada aos éxitos do britpop e a música dos anos 90. As entradas para a festa, que inclúen unha consumición de Estrella Galicia, estarán dispoñibles dende o venres 17 de outubro ás 11:00 na web de vendas.
Esta cita marcará o final dunha edición de Noites do Porto que foi a máis ambiciosa ata a data, con 25 artistas e bandas actuando en múltiples localizacións ao longo de oito días. O evento contou co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, e varias entidades patrocinadoras, como Estrella Galicia.