O Festival de Nadal reúne ás familias de Aranga no Pavillón Laura Cantoira

ACoruñaXa
A cita encheu a instalación de ambiente festivo e propostas lúdicas para o desfrute de nenas, nenos e veciñanza
ARANGA festival nadal
6 Jan 2026

O Concello de Aranga celebrou nos últimos días o seu Festival de Nadal no Pavillón Laura Cantoira, unha tarde marcada pola ilusión e a diversión e pensada especialmente para que a cativada e as familias do municipio puidesen gozar xuntas destas datas.

Ao longo da xornada, o pavillón converteuse nun espazo de encontro e celebración, cun ambiente de alegría no que non faltaron as actividades lúdicas. A proposta serviu tamén para reforzar a convivencia e o espírito comunitario, facendo do festival un punto de reunión para a veciñanza.

Dende o Concello de Aranga agradeceron a participación de todas as persoas que se achegaron ao pavillón e contribuíron a que a cita se desenvolvese nun clima festivo e familiar.

⚙ Configurar cookies
0.082827091217041