O espazo de Portas Ártabras acolle este xoves unha conferencia sobre 'As lembranzas dos vellos'

ACoruñaXa
A conferencia será impartida polo polígrafo de ortigueira Manuel López Foxo
Imaxe do cartel da conferencia As lembranzas dos vellos_
17 Apr 2024

O espazo en Portas Ártabras na Coruña de Amigos dos Museos de Galicia organiza este xoves 18 de abril unha conferencia impartida por Manuel López Foxo, sobre 'As lembranzas dos vellos'.

O acto será as 20.00 horas e nel, este polígrafo, natural de Ortigueira e fondo coñecedor da cultura galega, falará do contido do seu libro sobre as lembranzas de homes e mulleres de fai trinta anos, xa daquela case centenarios. Testemuños do que escoitaron dos seus avós e pais. Algo que se perde ou transforma, no último século sometido á revolución industrial, agora ás novas tecnoloxías, á uniformización global.

No acto, amais de Manuel López Foxo, participarán Manel Bouzamayor, (Presidente da asociación Terras do Ortegal) e o historiador da cultura galega Felipe Senén (Presidente de Amigos dos Museos de Galicia).

Manuel López Foxo en Portas Ártabras
0.1579577922821