O espazo cultural Vila Concepción en Cambre acollerá unha mostra do fotógrafo David Mateo

ACoruñaXa
Baixo o título 'Wheels and Photos', a mostra estará conformada por 30 instantáneas nas que se reflectirá o rexurdir da moto clásica e a paixón que o motociclismo suscita
A Casa da Cultura de Vila Concepción en Cambre
A Casa da Cultura de Vila Concepción en Cambre
8 abr 2024

O fotógrafo David Mateo expoñerá o seu traballo na Casa da Cultura Vila Concepción. Baixo o título 'Wheels and Photos', a mostra estará conformada por 30 instantáneas nas que se reflectirá o rexurdir da moto clásica e a paixón que o motociclismo esperta entre miles de persoas. A exposición estará dispoñible desde este venres, 12 de abril, ata o día 30.

Para esta exposición, o autor realizou un extenso labor de documentación, abarcando desde carreiras en Galicia ata reunións café racer en Francia e tamén concentracións moteiras. Todas as fotografías foron captadas en Biarritz (Francia), na Coruña e en Pontevedra.

Na mostra, David Mateo valeuse do branco e negro, utilizando unha técnica de relevado similar á que se empregaba nas películas con moito gran. Todo este traballo de fotografía e revelado resultou nunha mostra composta por retratos e fotografías coas que o público poderá coñecer o ambiente moteiro, situación do día a día neste mundo e mesmo outras propias de hai anos como, por exemplo, a arrancada con patada.