O equipo arteixán de Rally liderado por Roberto Blach Jr. competirá en Finlandia e Suecia

ACoruñaXa
O Artic Rally do 9 ao 10 de febreiro será a primeira cita duplo de Arteixo, á que lle seguirá o Rally de Suecia como inicio do campionato mundial FIA WRC Junior
Roberto Blach Jr - Previa Artic Rallye 2024
Roberto Blach Jr - Previa Artic Rallye 2024
1 feb 2024

O equipo arteixán de Rally formado por Roberto Blach Jr. e Mauro Barreiro competirán entre o venres 9 e o sábado 10 de febreiro en terras filandesas na que será a súa primeira carreira da presente tempada, o Artic Lapland Rally, no que competirán a bordo do seu Ford Festa Rally3 Evo.

Os pilotos competirán no evento como preparación ante la cita inaugural del FIA WRC Junior. O duplo arteixán terá a oportunidade de competir sobre neve, o que aproveitará para chegar coa mellor preparación posible á primeira cita mundialista desta tempada, o Rally de Suecia que se celebrará unha semana despois, do 5 ao 18 de febreiro.

Coa premisa de aproveitar para coller ritmo e sensacións na que será a segunda cita sobre neve da súa traxectoria deportiva, Roberto Blach Jr., comentaba: “O noso obxectivo é aproveitar a oportunidade e chegar o máis preparados posible á primeira cita do FIA WRC Junior. A tempada pasada debutamos sobre neve, e sabemos que temos moita marxe de mellora como demostramos o ano pasado segundo foi avanzando a carreira, así que nesta ocasión queremos tentar pelexar polos postos de podio na nosa categoría e así chegar con confianza ao arranque mundialista de 2024.

Durante esta semana realizarán os primeiros recoñecementos da proba, na que os tramos son realmente impresionantes, feito polo que os mellores equipos do mundial acuden a esta proba cada tempada como preparación á cita sueca.