O Entroido de Veiga en Culleredo asentase como un dos máis xenuínos da comarca

ACoruñaXa
‘Operación Tabán’, ‘Hípica Casas Novas’ y ‘Discípulos do Miguel’, foron coroados cos tres primeiros premios do desfile de disfraces
Primer Premio do concurso de disfraces de Veiga (Culleredo)
12 Feb 2024

O Entroido de Veiga ten moitas razóns para ser considerado un dos máis xenuínos de toda a comarca da Coruña, e este luns 12 de febreiro volveu a demostralo. Centos de veciñas e veciños, así como curiosos achegados de todos os recunchos do cinto metropolitano, gozaron desde as 12.30 horas das actividades dunha Romaría de San Blas cargada de orginales disfraces dos seus choqueiros e o satírico Testamento, que aludiu os principais acontecementos locais e nacionais do último ano, con especial fincapé nas pasadas e presentes eleccións municipais e autonómicas.

Os premios repartíronse da seguinte maneira: fixéronse co primeiro premio os e as integrantes de 'Operación Tabán', a agrupación que máis chamou a atención de propios e alleos debido ao monumental despregamento da súa carroza, que facía ás veces de despacho de taberna de outrora con mostrador frigorífico, chourizos colgando do tejadillo e, como non, a lousa cos resultados futbolísticos locais.

En segundo lugar, 'Hípica Casas Novas', un xinete a lombos do seu ficticio corcel ataviado coas vestimentas da coñecida hípica coruñesa. En terceiro lugar, ‘Discípulos do Miguel’, con disfraces da Santa Iglesia. Pecharon a relación dos oito premiados neste desfile 'Médico dá peste', 'Vos de aló', 'As barbies chegan a Veiga'; 'Pa doce paracas' e 'Alieníxenas'.

A xornada, organizada pola Comisión de San Blas e o Concello de Culleredo, que financiou gran parte dos festexos, contou coa actuación da orquestra Vos Satélites tanto pola mañá como pola tarde. O gran xantar popular, que acolleu a máis de douscentos comensais, deu comezo pasadas as 15:00 horas cun menú composto de polbo, carne ao caldeiro, sobremesa e café.

0.18847513198853