O Entroido de Culleredo quenta motores coa París de Noia incluida

ACoruñaXa
A programación inclúe animacións nos centros sociais municipais, festas no Paseo marítimo o Burgo e o xenuíno Entroido da Veiga
Entroido Veiga
1 Feb 2024

O Concello de Culleredo prepárase para recibir o Entroido con actividades para pequenos e maiores. Haberá festas os días 9 e 10 de febreiro, así como animación nos centros sociais municipais entre os días 10 e 13 de febreiro.

Así, o 9 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas, a chaira do Paseo Marítimo do Burgo acollerá o 'Entroido de Maiores' coa actuación de Aixa Romay, baile e degustación dos pratos típicos desta festa. Ademais o Concello habilitará servizo de transporte, cuxo percorrido será ás 16.20 horas desde Tabeaio (Carral); 16.30 horas en Vinxeira Grande, Vinxeira Pequena, Celas e Peiro; e ás 16.45 horas en Seámo, Ou Casal e Sueiro. Ás 17.00 horas, sairá de Alvedro.

Haberá un segundo autocar sairá ás 16.30 horas de Boedo, Bregua e Ledoño; ás 16.50 horas de Orro; ás 17.00 horas de Tarrío e Liñares; ás 17.15 horas de Vilaboa, A Corveira, O Portádego e Fonteculler.  Os de regreso saíran ás 20.45 horas desde a Chaira do Paseo Marítimo co mesmo percorrido en ambos os itinerarios pero, obviamente, en sentido contrario.

O 10 de febreiro será a 'Festa Infantil de Entroido', tamén na Chaira do Paseo Marítimo do Burgo, de 17.00 a 20.00 horas, onde as máis pequenas e pequenos poderán gozar de xogos populares, animación, talleres, photocall temático, algodón de azucre e chocolate con churros.

Ademais os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro, de 18.00 a 20.00 horas, os centros sociais municipais albergarán actividades de animación infantil. Os puntos municipais que estrán abertos son Rutis, Vilaboa, Ledoño, Sueiro, Celas, Castelo, Orro. Castro Laxe, Almeiras, Sésamo, Ou Noso Lareira, Tarrío e Virginia Blanco.

O luns 12 de febreiro, durante toda a mañá, a parroquia de Veiga celebrará un dos 'Entroidos' máis xenuínos de toda a comarca. No que haberá un concurso de choqueiros e a tan esperada lectura do Testamento.

Tamén, o 16 de febreiro de 2024, está previsto que actúe a París de Noia na propia Chaira do Paseo Marítimo, nun concerto qu dará comezo pasadas as 22:30 horas da noite.

 

 

0.17068696022034