O Entroido da Coruña trae unha gran oferta cultural á cidade

ACoruñaXa
Estas son as actividades dispoñibles na Coruña dende o 2 de febreiro ata o 17 de febreiro. Unha programación na que destacan os concertos de Carlangas, Los Cubatas e Kumpania Algazara
Entroido Coruña
3 Feb 2024

O Concello da Coruña presentou este venres a programación do Entroido da cidade, que comeza este mesmo sábado, 3 de febreiro, coa celebración do concurso de comparsas na modalidade de música e letra, a partir das 18.00 horas, no Centro Sociocultural Ágora, e que estará presentado polo cómico David Amor.

As principais novidades da programación serán as actuacións musicais de Carlangas y Los Cubatas e Kumpania Algazarra, que terán lugar na praza de María Pita. Tamén actuará a formación portuguesa Kumpania Algazarra e haberá obradoiros e talleres de artesanía en distintos puntos da cidade. As inscricións nos talleres son de balde e ata completar capacidade, pódense formalizar nos propios espazos ou na páxina web de Mocidade do Concello da Coruña.

O calendario de eventos de Entroido na Coruña é a seguinte:

Sábado 3 de febreiro

  • 18.00 horas: concurso de comparsas na modalidade de música e letra no Ágora.
  • 18.00 horas: taller de maquillaxe de Entroido nas naves de Metrosidero.

Martes 6 de febreiro

  • 18.00 horas: taller de maquillaxe de fantasía no  Espazo Xuvenil O Remanso para persoas de 12 a 30 anos de idade.
  • 18.30 horas: taller de artesanía de Entroido nas naves de Metrosidero.

Xoves 8 de febreiro

  • 18.30 horas: taller de artesanía para o Entroido nas naves de Metrosidero.
  • 20.00 horas: celébrase o Xoves de Comadres cun acto homeaxe cunha ofrenda floral a Ángela Labaca. O evento comezará fronte á Escola Labaca en Juán Flórez e rematará na plaza de María Pita.

Venres 9 de febreiro

  • 17.30 horas: festas infantís de Entroido nos centros cívicos da Cidade vella, Palavea e Elviña.
  • 18.00 horas: taller de maquillaxe de Entroido nas naves de Metrosidero.
  • 19.00 horas: festa infantil de Entroido no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro.
  • 19.30 horas: ofrenda floral a Nito na avenida de Pedro Barrié de la Maza, 14.
  • 21.00 horas: acto de entronización del Dios Momo no Obelisco.
  • 22.00 horas: proxeción do documental 'Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto' no Círculo de Artesáns.
  • 23.15 horas: velorio da Sardiña no Círculo de Artesáns.

Sábado 10 de febreiro

  • 11.30 horas: talleres de Entroido nos centros cívicos de Visma, Castro de Elviña, Sagrada Familia e Feáns.
  • 11.30 horas: talleres musicais de Entroido nos centros cívicos de Pscadores, Santa Lucía, Artesáns e A Silva.
  • 12.00 horas: taller de 'Mascarada no Castelo' no Castelo de San Antón.
  • 17.30 horas: festas infantís de Entroido nos centros cívicos de Monte Alto, Monelos e O Rosais.
  • 17.30 horas: concurso de comparsas na modalidade de vestuario, coreografía e orixinalidade.
  • 17.30 horas: concurso de carrozas en San Andrés.
  • 17:45 horas: concerto de Kumpania Algazara na plaza de maría Pita.
  • 21.30horas: concerto de Kumpania Algazara na plaza de maría Pita.
  • 22.00 horas: proxeción do documental 'Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto' no Círculo de Artesáns.
  • 23.15 horas: velorio da Sardiña no Círculo de Artesáns.

Lúns 12 de febreiro

  • 11.30 horas: talleres de Entroio nos centros cívicos de Pescadores, Santa Lucía, Artesáns e A Silva.
  • 11.30 horas: talleres musicais de Entroido nos centros cívicos de Visma, Castro de Elviña, Sagrada Familia e Feáns.
  • 17.30 horas: festas infantís de Entroido nos centros cívicos do Castrillón, Novoboandanza e San Diego.
  • 21.00 horas: concerto de Carlangas e Los Cubatas na plaza de María Pita.
  • 22.00 horas: proxeción do documental 'Entroido Cascarilleiro: dende Elviña a Monte Alto' no Círculo de Artesáns.
  • 23.15 horas: velorio da Sardiña no Círculo de Artesáns.

Martes 13 de febreiro

  • 12.00 horas: ofrenda a Fernando Cantero na rúa Arenal.
  • 12.30 horas: ofrenda a Canzobre na plaza do Parque.
  • 13.30 horas: entrega a Jesusa Cabeza García da plaza ao Choqueiro do Ano e ofrenda a César na rúa San José.
  • 14.00 horas: ofrenda a Palau na plaza Juan J. Iglesias Mato.
  • 17.00 horas: concurso infantil de disfraces no Campo da Leña.
  • 20.00 horas: concurso de choqueiros na rúa da Torre.
  • 21.00 horas: actuación de LosPiñeiros na rúa da Torre.
  • 22.00 horas: apropósito que interpretarán os compñentes do Círculo de Artesáns.
  • 23.15 horas: velorio da Sardiña no Círculo de Artesáns.

Mércores 14 de febreiro

  • 20.30 horas: desfile do enterro da Sardiña ata a plaza de san Amaro e desentronización do Deus Momo no Círculo de Artesáns.

Sábado 17 de febreiro

  • 13.00 horas: desfile de comparsas dende o Cantón Pequeno ata a palza de Azcárraga.

 

0.16211199760437