O Encontro dos Maiores reuniu este domingo en Bergondo a 435 persoas

ACoruñaXa
Os asistentes de maior idade foron Francisca Lamas Mallo (100 anos), Josefa Gándara Vasco (100 anos) e Adolfo Formoso Chouza (91 anos)
Imaxe do Encontro dos Maiores de Bergondo
3 Xuño 2024

O polideportivo da Senra en Bergondo acolleu este domingo a XXII edición do Encontro dous Maiores organizado polo Concello, un evento que reúne cada ano por centos de veciños de todas as parroquias do municipio que teñan 60 anos ou máis e ao que nesta edición asistiron 435 persoas.

O evento comezou coa tradicional misa, ás 14 horas e contou nesta ocasión coas voces do coro 'Acordes de Bergondo (Vixoi)'. Ao acto relixioso seguiulle a comida, na que os asistentes compartiron mantel e charla nun ambiente festivo, e pola tarde unha actuación musical disposta polo Concello amenizou a xornada.

A festa estivo presidida pola alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, acompañada de diferentes membros da corporación. Houbo tamén tempo para as homenaxes aos máis lonxevos. As mulleres de maior idade asistentes foron Francisca Lamas Mallo, de Cortiñán, que fixo os 100 anos en abril e Josefa Gándara Vasco, que cumpriu os 100 anos tamén en abril. Doutra banda, a homenaxe ao home de máis idade asistente recaeu este ano en Adolfo Formoso Chouza, que ten 91 anos e cumpre os 92 anos en novembro.

 

0.10812902450562