O domingo celébrase a XXV edición da Mostra de Cans de Caza en Abegondo

ACoruñaXa
Tamén o muncipio acollerá o 1º Campionato San Huberto, proba puntuable para a Copa Galicia, e o XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados
Imaxe dun can
13 Xuño 2024

O Concello de Abegondo organiza, en colaboración coa Asociación de Cazadores de Abegondo a XV edición da Mostra de Cans de Caza. O evento, que terá lugar este domingo, 16 de xuño, servirá para dar a coñecer aos mellores exemplares das diferentes razas.

Neste sentido, a cita dará comezo ás 10.00 horas na leira As Quintás. A xornada finalizará coa entrega de trofeos aos mellores cans. En concreto, entregaranse os seguintes galardóns: caza maior, caza menor (pelo-pluma), mellor lote, mellor can da exposición e mellor camada.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través do teléfono 669 841 452. En calquera caso, só poderán participar os cans que conten con microchip, cartilla sanitaria e documentación segundo a lexislación vixente.

Ademais, este sábado, 15 de xuño, Abegondo tamén acollerá o 1º Campionato San Huberto, proba puntuable para a Copa Galicia, e o XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. A saída será ás 8.00 horas desde Casa Manolo (lugar Ou Monte, nº. 22).

abegondo cans
0.19737911224365