O domingo as prazas e rúas de Santa Cruz acollen actuacións da Escola Municipal de Música

ACoruñaXa
A Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 14 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz
Imaxe dunha actuaicón en Santa Cruz da Escola Municipal de Música
7 Xuño 2024

O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 14 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 9, desde as 11.00 horas.

Neste sentido, haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11.00 horas; no Porto ás 11.30 horas e no Parque Luís Seoane desde as 11.30 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 13.00 horas. Pola tarde celebrarase un gran festival na praza de Esther Pita ás 19.30 horas, coa Orquestra sinfónica, os coros, La Tremenda Tremolina e a Escola municipal de Danza. A Big Band pechará a xornada ás 21.00 horas cun concerto na praza do Castelo.

Dendeo o Concello de Oleiros informan de que todas as actuacións estarán abertas a toda a cidadanía.

0.20038819313049