O delegado do Goberno reuniuse este venres na Coruña con representantes dos sindicatos agrarios

ACoruñaXa
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este venres na Coruña unha xuntanza cos representantes dos sindicatos agrarios galegos, un encontro enmarcado no diálogo permanente co sector e no que o delegado se comprometeu a trasladar as demandas deste colectivo ao Ministerio.
Reunión de Pedro Blanco cos representantes sindicatos agrarios
16 Feb 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este venres na Coruña unha xuntanza cos representantes dos sindicatos agrarios galegos, un encontro enmarcado no diálogo permanente co sector e no que o delegado se comprometeu a trasladar as demandas deste colectivo ao Ministerio.

Ao encontro, que se produciu despois da reunión mantida onte entre o ministro de Agricultura, Luis Planas, e as persoas representantes dos sindicatos agrarios a nivel nacional, asistiron Unións Agrarias-UPA, Sindicato Labrego Galego e Asaga.

0.18734216690063