O coruñés Enrique Tenreiro, que pintou a tumba de Franco, encerráse nun escaparate como protesta

ACoruñaXa
Aínda non hai resolución para o caso e o artista leva agardando ano e medio pola sentenza, polo que protesta pola tardanza da xustiza na resolución
Imaxe de Enrique Tenreiro
24 Abr 2024

O artista Enrique Tenreiro encerrárase dende este mércores, 24 de abril, no escaparate dunha galería de arte na rúa San Andrés cidade da Coruña a modo de protesta pola tardanza da xustiza na resolución do seu caso. O coruñés está á espera da sentenza do Supremo na que se lle condena a 4 ou 5 anos de cárcere por pintar a lápida de Franco no Valle dos Caídos.

Os feitos remóntanse a 31 de outubro de 2018, cando o coruñés pintou unha pomba da paz con pintura vermella e escribiu a palabra "liberdade" sobre a tumba do ditador Francisco Franco na Basílica do Valle dos Caídos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) confirmou a absolución dos delitos contra a liberdade de conciencia e de actos de profanación e danos en 2022, pero o caso chegou ao Tribunal Supremo.

Sen embargo, aínda non hai resolución e o artista leva agardando ano e medio pola sentenza, polo que Tenreiro decidiu encerrarse na galería de arte para "facer un pequeno desafío" e "ironizar" sobre o proceso.

0.18229818344116