O corpo técnico do Leyma Básquet Coruña continuará no equipo esta tempada na Liga Endesa

ACoruñaXa
Todos eles seguirán acompañando ao Leyma Básquet Coruña nesta nova tempada 2024-2025, na que os laranxas se estrean na liga Endesa
Imaxe do corpo técnico do Básquet Coruña
Imaxe do corpo técnico do Básquet Coruña
9 Xul 2024

O Club Básquet Coruña anuncia a renovación dos integrantes do corpo técnico do primeiro equipo, baixo a dirección de Diego Epifanio (cuxa renovación xa foi anunciada o 15 de maio), dando continuidade ao traballo realizado na histórica tempada 2023-2024 que culminou co título de campións da liga LEB Oro.

Así, todos eles seguirán acompañando ao Leyma Básquet Coruña nesta nova tempada 2024-2025, na que os laranxas se estrean na liga Endesa. Román Gómez e Carlos Penedo ratifican os seus postos como adestradores axudantes de Diego Epifanio, e Francisco Fernández fará outro tanto nas súas funcións de delegado. Gustavo Gago, o máis veterano no Club, custodiará o bo estado físico dos xogadores unha tempada máis, mentres que Carlos Lariño proseguirá exercendo as súas responsabilidades como médico do equipo. Finalmente, Bruno Camblor e Eduardo Seoane continuarán o seu traballo como fisioterapeutas.

Deste xeito, o Club referenda o bo desempeño de todo o corpo técnico, agora con Charlie Uzal como máximo responsable da área técnica na súa calidade de director deportivo, e confía na experiencia de todos eles para arroupar ao primeiro equipo na súa nova andaina na máxima categoría do baloncesto español.

0.19192695617676