O Consorcio As Mariñas Coruñesas reafirma a súa aposta pola Planta de tratamento de Nostián

ACoruñaXa
O Presidente do Consorcio adiantou que solicitarán unha reunión política co Concello da Coruña despois da Semana Santa para falar sobre o futuro de Nostián
Imaxe do pleno do Consorcio As Mariñas
23 Mar 2024

O Consorcio As Mariñas celebrou es venres, 22 de marzo, un pleno extraordinario, no que estiveron presentes os alcaldes e alcaldesas dos 8 municipios que o conforman, agás a revente nomeada alcaldesa de Cambre, que hoxe tiña sesión plenaria. O pleno concluiu favorablemente coa aprobación de todos os puntos da sesión.

Os puntos tratados na sesión foron os seguintes:

  • Lectura e aprobación das actas das sesións anteriores.
  • Dación de conta das resolucións asinadas pola Presidencia dende o último Pleno.
  • Dación de conta da liquidación do exercicio 2023.
  • Dación de conta do expediente 2023/C004/000003, relativo ao Contrato de servizos de recollida, aloxamento, mantemento e xestión do centro de recollida de cans e gatos no territorio do Consorcio As Mariñas.
  • Solicitar, se procede, subvención nominativa á Excma. Deputación Provincial da Coruña para o proxecto “Mantemento do servizo de asesoría xurídica social especializada”.
  • Aprobar, se procede, a concertación dunha operación de tesourería.

O Consorcio acordou reunir aos técnicos de todos os concellos membro logo de semana santa para introducir melloras no referente ó Contrato de servizos de recollida, aloxamento, mantemento e xestión do centro de recollida de cans e gatos no territorio do Consorcio As Mariñas.

O presidente do Consorcio informou os últimos acordos respecto á Planta de Nostián. Santiso Miramoentes, presidente do Cosorcio As Mariñas, afirmou que “non queren ser uns socios preferenciais senón que ter un papel máis importante xunto ao Concello da Coruña e que a súa preferencia é darlle continuidade á Planta de Nostián.” Amais concretou que formularían unha reunión política para despois de semana santa co concelleiro da Coruña Laxe Tuñas.

0.13779807090759