O Consorcio As Mariñas chama a participar na XI Andaina contra a violencia de xénero

ACoruñaXa
A marcha celebrarase o sábado 23 en Bergondo, cun roteiro circular e actividades de sensibilización
Andaina Consorcio As Mariñas
19 Nov 2024

O Consorcio As Mariñas organiza unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, que este ano chega á súa undécima convocatoria como parte dos actos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A marcha terá lugar o sábado 23 de novembro en Bergondo, cun percorrido circular que comezará e rematará no pavillón polideportivo de Guísamo. A saída está programada para as 11:00 horas, e ao finalizar, ao redor das 12:00 horas, desenvolveranse varios actos institucionais.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, será a encargada de dar a benvida ás persoas participantes, mentres que o presidente do Consorcio As Mariñas, Xosé Antonio Santiso Miramontes, lerá un manifesto en repulsa contra a violencia de xénero. Ademais, para pechar o evento, haberá unha actuación dun cuarteto de música tradicional.

Esta iniciativa busca fomentar a participación cidadá e reivindicar unha sociedade máis igualitaria, libre de violencia e discriminación.

0.16575193405151