O Concurso de Escaparates de Nadal en Arteixo repartirá máis de 3.000 euros en premios
Na súa vixésima edición, o tradicional certame impulsado polo Concello está aberto a comercios, establecementos de hostalaría e servizos que operen no termo municipal.
As inscricións poderán realizarse entre o 2 e o 15 de decembro, e as bases do concurso, así como a folla de inscrición, están dispoñibles na web municipal. Ademais, coma cada ano, a veciñanza poderá enviar imaxes dos seus escaparates, participen ou non no certame, para contribuír a crear un ambiente festivo compartido. As fotografías serán publicadas nas redes sociais para manter vivo o espírito do Nadal.
Non perdas esta oportunidade para amosar a creatividade do teu negocio e optar a un dos premios deste certame que xa é un clásico das festas na localidade. As bases do concurso poden colsultarse a través da seguinte ligazón.