O concurso de Entroido de Curtis será o 13 de febreiro

ACoruñaXa
O Concello repartirá 1.800 euros en premios nesta edición que se celebrará no pavillón de Teixeiro e no Recinto Ferial de Curtis
Entroido Curtis 1
Entroido Curtis 1
31 ene 2024

O Concello de Curtis xa está ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso e o desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o día 13 de febreiro e repartirá un total de 1.800 euros en premios.

O concurso celebrarse, simultaneamente, o martes de Entroido ás 17.00 horas no pavillón de Teixeiro e no Recinto Feiral de Curtis.

Todas as persoas interesadas en apuntarse nalgunha das categorías que figuran no cartel, poden consultar as bases do concurso e cubrir o formulario de inscrición nas dependencias municipais (na casa do Concello en Teixeiro ou na oficina municipal de Curtis). O prazo de inscrición finalizará o xoves 8 de febreiro.

A organización valorará que os disfraces sexan de elaboración propia e feitos con materiais reciclados. Ademais, o luns día 12 de febreiro realizarase un obradoiro ás 11.00 horas no salón do Recinto Feiral de Curtis e no salón do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro, para o que tamén é necesario inscribirse previamente.

Premios

Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado.

Deste xeito, haberá 3 premios en metálico para cada concurso:

  •  No concurso infantil:

O primeiro premio será dun vale de 150€ para a individual e grupo, respectivamente; de 1oo€ para os segundos, e de 50€ para os terceiros.

  • Concurso de maiores:

O primer premio, será de 300€ para a categoría individual e grupo, respectivamente; de 200€ para os segundos e de 100€ para os terceiros.