O concurso de disfraces de Carral repartirá 2.000 euros en premios

ACoruñaXa
A cita será o domingo 11 de febreiro no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo
Entroido recurso
31 Jan 2024

Carral volverá festexar o seu Entroido cun concurso e un desfile de disfraces no que se repartirán máis de 2.000 euros en premios. A cita terá lugar o domingo, 11 de febreiro, no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo.

O Concello organizará, entre outras actividades, un concurso con diferentes categorías: infantil (para nenos e nenas de 0 a 11 anos), individual e por parellas (para maiores de 12 anos e, por último, en grupo (que deberá estar formado por un mínimo de cinco persoas) e carrozas (que terán que ter, como mínimo, 10 integrantes).

Os participantes no concurso deberán tomar parte no desfile, que partirá, ás 17.30 horas, desde a rúa Víctor Velasco. A comitiva percorrerá as rúas Manuel Ferrol, Paraíso, avenida dos Mártires, Víctor Velasco, Belvís de Paleo e rúa Paleo e rematará o seu tour no Complexo Deportivo. Unha vez remate o percorrido, un xurado encargarase de elixir aos reis e raíñas deste Entroido. Para tomar a decisión, o tribunal terá en conta aspectos como a orixinalidade, a simpatía, o vestiario e a maquillaxe das persoas participantes.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de febreiro. As persoas que precisen máis información poderán contactar coa Casa da Cultura no teléfono 981 67 25 80 ou no correo casadacultura@carral.es.

Repartiránse máis de 2.000 euros en premios

No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras. A maiores, o Concello outorgará outros 12 premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns serán os que a continuación se indican:

  • Na categorías individual e por parellas: o 1º premio será de 150 euros, o 2º premio de 100 euros, o 3º premio de 75 euros e o 4º premio de 50 euros.
  • Na categorías por grupos: o 1º premio de 300 euros, o 2º premio de 200 euros e o 3º premio de 100 euros.
  • E , por último na categorías por carrozas: haberá un 1º premio de 499 euros, un 2º premio de 400 euros, un 3º premio de 300 euros, un 4º premio de 200 euros e un 5º premio de 100 euros.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14134311676025