O Concello renova o contrato co servizo de salvamento nas praias para o verán

ACoruñaXa
Deste xeito o executivo garante a continuidade ao contrato do servizo de salvamento nas praias do municipio
Imaxe recurso de salvamento marítimo
3 Abr 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña fixo efectiva este mércores na sú xuntanza ordinaria  a ampliación por un ano do contrato coa empresa Top Rescue para asumir o servizo de salvamento, socorrismo e vixiancia nas praias da Coruña de cara á vindeira tempada estival.

Deste xeito, o executivo garante a continuidade ao contrato do servizo de salvamento en praias. En maio de 2023 adxudicouse o servizo a Top Rescue, cunha posibilidade de prórroga por un ano máis en caso de que ámbalas partes, empresa e Concello, estimasen favorable a continuidade do mesmo, como así foi.

“Cómpre destacar que, ao igual que no pasado verán, o contrato inclúe a prestación de 200 horas adicionais para a organización de actividades de carácter formativo en eidos como os primeiros auxilios, unha iniciativa destinada ás nenas e nenos en idade de 4 a 16 anos”, indicou a alcaldesa.

0.16480088233948