O Concello da Coruña inicia obras na área canina do parque de Santa Margarida

ACoruñaXa
O Concello da Coruña iniciará esta semana os traballos de mellora da área canina do parque de Santa Margarida.
Área Canina Parque Santamargarita
22 Xan 2024

O Concello da Coruña iniciará esta semana os traballos de mellora da área canina do parque de Santa Margarida. A obra inclúe a creación dunha nova entrada ao parque na rúa de San Mateo. O obxectivo do Goberno municipal é brindar ás persoas usuarias deste espazo unha serie de melloras para fomentar o seu uso.

A reestruturación do espazo pretende facelo máis accesible. Para iso, incorporóuselle ao parque unha superficie na cara norte deste espazo e á área canina outra superficie na cara sur. Ademais, outra das novas melloras será a instalación dun novo pavimento de empedrado nunha superficie de 300 metros cadrados na nova zona de acceso á área canina. Tamén se creará unha nova zona de entrada e de lavado para os animais.

O peche deste espazo tamén será restaurado e está previsto o axardinamento do perímetro, ademais do acondicionamento da zona que pasa a ser do parque. Esperase que esta actuación se complete nun prazo de tres semanas. 

0.20633506774902