O Concello habilita puntos violeta durante o Entroido

ACoruñaXa
Habilitaranse puntos violeta entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro, coincidindo coas datas nas que se prevé unha maior afluencia de persoas nas rúas
Puntos Violetas A Coruña
9 Feb 2024

O Concello da Coruña activará esta fin de semana un novo dispositivo de puntos violeta por mor das festas do Entroido. Estes puntos violeta están ideados como espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que se poida producir durantes grandes acontecementos ou festexos.

Deste xeito, un equipo integrado por tres persoas (unha ou un profesional de Psicoloxía, así como dúas persoas expertas en materia de igualdade e violencias machistas), poderán informar sobre os recursos do Concello en materia de violencia de xénero, ofrecer atención e, no caso de ser preciso, acompañamento ás adolescentes, mulleres novas e adultas que sufran algún tipo de violencia de xénero. Ademais, nos puntos violeta tamén se informa sobre como poden actuar as persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas.

Neste sentido, o servizo dos puntos violeta préstase de dúas formas: a primeira, con puntos fixos, que se poden identificar ao estar dispostos con postos ao aire libre durante os eventos de grande afluencia de persoas e, a segunda, con equipos que traballan de forma itinerante.

Os días e horarios de actividade dos puntos violeta nas festas do Entroido

De cara ás festas do Entroido, habilitaranse puntos violeta entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro, coincidindo coas datas nas que se prevé unha maior afluencia de persoas nas actividades a pé de rúa.

Os horarios de atención son os seguintes:

  • Sábado 10 a domingo 11, con atención de 21.00 a 01.30 horas: punto fixo no cruzamento da rúa Real coa rúa Agar.
  • Luns 12 a martes 13, con atención de 21.00 a 01.30 horas: punto fixo no cruzamento da rúa Real coa rúa Agar.
  • Martes 13, con atención de 19.30 a 00.00 horas: equipo itinerante, que percorrerá a rúa da Torre durante o horario de actividade previsto. Haberá, ademais, un espazo de atención ante o acceso á Escola Municipal de Música.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18437194824219