O Concello e APECCO organizan unha formación na construción con compromiso de contratación

ACoruñaXa
O curso conta con 25 plazas e trátase dunha formación básica de prevención en riscos laborais na construción con cinco módulos de especialidade
Imaxe recurso de prevención de riscos laborais
26 Feb 2024

O Concello da Coruña, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da construción da Coruña (APECCO), realizou este luns 26 de febreiro o proceso de selección do alumnado para a realización do curso básico de prevención de riscos laborais na construción. A formación, impulsada en colaboración con APECCO, enmárcase na estratexia do Goberno loal para a dinamización do emprego na cidade.

A formación trátase dun curso básico xeral de prevención en riscos laborais e a especialidade nun dos cinco módulos ofertados: albanelaría, pintura, operadores/as de vehículos e maquinaria de movemento de terras, operadores/as de equipos manuais e montaxe de estruturas tubulares. O curso dispón dun total de 25 prazas e 90 horas de formación que comezarán o vindeiro 4 de marzo e rematarán o 22 do mesmo mes. Impartirase na sede de APECCO en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas.

Ademais este curso ten compromiso de contratación e é froito dun convenio de colaboración asinado entre o Concello e APECCO para a formación específica de persoas desempregadas en disciplinas relacionadas coa construción, atentendendo á falta de persoal do sector.
Máis formación en construción

O Concello completa a oferta formativa na construción cun novo curso de 'Pintura decorativa na construción', que comezará o martes 27 de febreiro e que un total de 15 persoas en situación de desemprego iniciarán de forma gratuíta.

Este curso, trátase dun dos cursos máis demandados no Centro Municipal de Emprego dos Rosales. Conta cun total de 661 horas de formación impartidas en quenda de mañá (de 8.30 a 15.30 horas) nas que o alumnado aprenderá a executar e organizar a aplicación de acabados de pintura decorativa, realizando a preparación de soportes, muros, tabiques, teitos e carpinterías así como a aplicación de acabados de pintura industrial, imprimacións e pinturas protectoras en edificación e obra civil. O curso comeza mañá, 27 de febreiro, e rematará o vindeiro 7 de agosto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18404698371887